Xogando ás agachadas

mascaras
As máscaras, René Magritte

Sempre me gustou xogar ás agachadas. Poder esconderme nun lugar para non ser vista polo que apanda. No fondo é un xogo de moita estratexia. Fai falta calma e reflexión para chegar a ese sitio imposible de atopar, ese lugar lonxe da vista, lonxe do mundo. Unha vez que se está nel, todo parece diferente. E comeza esa sensación de poder ver sen ser vista. Esa maxia de, por un efémero instante, ser invisíble, de non pertencer á realidade que os demais ven e viven.

Hoxe en día non fai falta xogar ás agachadas para sentirse invisible. Agora, o mellor lugar para se esconder do mundo é esa rede que nos une a todos pero que, á vez, nos volve máis solitarios: Internet. En Internet todo vale, porque ninguén ten cara, todos estamos escondidos nesa inmensa nube abstracta, agochados detrás dos usuarios visibles nas redes. Como cun anteface de Entroido, disfrazámonos do que nos gustaría ser deixando de lado o que realmente somos. E parece que non hai ningún problema! Só que non nos decatamos de que vivimos nunha enorme e putrefacta mentira.

As persoas cambiamos cando nos conectamos á rede. O anonimato parece outorgar, a quen o emprega, un estraño poder, aparentemente beneficioso, pero moi perxudicial, tanto para a sociedade como para o propio individuo, porque dito poder fai que nos sintamos invencibles, pois o feito de que os nosos interlocutores non saiban quen somos, orixina en nós unha perigosa sensación de valentía para dicir o que queiramos sen pensar antes nas consecuencias.

Internet parece ser unha gran vantaxe para unir xente que está lonxe, pero non nos decatamos de que separa á xente que xa está cerca. Pois como di o sociólogo Bauman, “somos solitarios permanentemente conectados”. A vida na rede provoca que nos pechemos máis en nós mesmas. Non coñecemos aqueles que consideramos amigos e os amigos que coñecemos tórnanse en absolutos descoñecidos.

Nada é o que parece detrás da pantalla. Polo menos, xogando ás agachadas temos que saír do escondite para poder salvarnos. A diferenza de Internet é que morreremos agochados sen podérmonos salvar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s