Españicentrismo

matisse corro
A danza, Henri Matisse

Ultimamente ando pensando moito no catro. Si, no catro. É un número ben curioso. Todo semella mellor se ten algo que ver co catro. Descartamos os trevos de tres follas porque non dan sorte e gañamos algo de vida cando os catro anos pasados lle regalan un día máis a febreiro. Agardamos tres estacións impacientes a que chegue o verán, e, despois de catro semanas, saudamos o mes que comeza coa esperanza de que sexa mellor que o anterior. Pensamos no catro cos puntos cardinais, ao xogar cos paos da baralla e cando non nos dan chegado as seguintes olimpíadas. E cal era o nome do cuarto Beatle? Tanto dá, todo cun catro é mellor.

Ben, todo non. Hai algo que nin o número catro pode mellorar: o mundial de fútbol. Nunca fun moi afeccionada ao fútbol, pero, concretamente o mundial, acaba coa miña paciencia. O deporte en si non é o que me molesta, o feito de que un número que descoñezo de homes sen moito que facer pasen horas pereguindo un balón, non é algo que afecte moito ao meu día a día. O que si me afecta e que atopo realmente insufrible é o inefable patriotismo que trae consigo o mundial. Nesta molesta e innecesaria época do cuarto ano que, querendo ou non, toda a sociedade temos que sufrir, España semella o centro do mundo. Poderiamos falar até dun Españicentrismo no que todo xira en torno á selección española no mundial. Bandeiras pola rúa que saúdan un franquismo deportivo, televisións acesas en cada bar, co volume tan alto que non fai falta nin estar a ver o partido para saber quen gaña, e ese odioso uso dun plural irreal ao dicir “marcamos X goles” e “gañamos tantos partidos”. Xogan, gañan, marcan e perden os xogadores, quen está tirado no seu sofá vendo o partido o único deporte que fai é levantamento de cervexa, non nos engañemos.

Durante o mundial a sociedade aprende máis xeografía que en 6 anos de instituto. Todos parecemos saber onde quedan países a miles de quilómetros da nosa burbulla malia non pensar neles nos catro anos que preceden ao gran evento futbolístico. Cada palabra, cada imaxe, cada noticia, todo soa a mundial. Monotema mediático. A peste vermella cunha franxa amarela. Epidemia. Non hai salvación. Nin metidos nunha cova nos libramos do mundial. Que facer para nos salvar? Como escapar dun patriotismo fortalecido dalgo tan manipuador como é o fútbol? Agora que España perdeu, xa podo quitar a bandeira fascista que colguei no meu balcón hai unhas semanas… A verdade, compreina o mes pasado no Carrefur, se me chegan a vender unha co aguilucho, igual a collía tamén… Xa nada me sorprende!

Cando os problemas de verdade que sofre o mundo teñan tanta importancia como o penalti errado de Aspas, teremos avanzado como sociedade. Até entón, obviarei este “pequeno” problema co que ten que vivir o meu querido número catro e seguirei pensando nel como nun trevo da sorte atopado o 29 de febreiro ao escoitar a Ringo Star co libro de Manuel Antonio na man.

 

Anuncios

3 comentarios sobre “Españicentrismo

  1. Todo réxime que persiga a sumisión dun pobo, creará, impondrá e santificará símbolos deseñados explicitamente para crear no imaxinario das persoas,un sentimento de patria e pertenza a un grupo. Probablemente, sexa un acto paternalista nado dunha sociedade machista que quere transmitirnos esa necesidade de pertenza a un grupo inda que sexa no lado da escravitude. Parabéns polo artigo.

    Le gusta a 1 persona

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s