31 de agosto

monet
Impresión, sol nacente, Claude Monet

Hai un momento nas tardes de verán no que o tempo se detén. Coñécese como “a hora dourada”. É o momento no que o ceo se funde co mar até crear un único ser e só aquel barco perdido consegue, desafiante, debuxar a fronteira (entre os amantes) na súa singradura cara ao infinito. O mundo enteiro borrado nese momento. O tempo, detido. As cores mesturadas nun lenzo sen marcos esmorecen sobre o mar até desaparecer na morte máis doce. Unha morte dourada na hora dourada.

Nese momento, ela sempre deixa de facer aquilo que a mantén ocupada para ver rematar o día somerxida nunha atmosfera detida, ralentizada, deixando pasar a vida suavemente fronte os seus ollos. Durante ese momento, a area xa non queima baixo os seus pés, agora é só unha simple morea de frangullas dun sol morno que quenta o tempo e as lembranzas, como a brisa do mar que revolve o seu pelo nun aloumiño maternal vido do máis alá para baleirar a mente. Pero é tamén nese momento cando a nostalxia a envolve nunha brétema espesa que nin o mar, nin o vento, nin a area conseguen esvaecer. Nin ela mesma o consegue.

E é nese mesmo momento cando se decata de que ela é a brétema ingobernable que escorrega polos dedos do mundo na hora dourada. Entón érguese amodo, olla ao seu redor e, vendo que xa non queda ninguén, pecha a praia cun sorriso e marcha. Slipping through my fingers all the time…

Anuncios

2 comentarios sobre “31 de agosto

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s