Reinventando o futuro

telefono2
O teléfono, Tamara de Lempicka

Atención! Presentamos o novo sistema interactivo de voz en tempo real, comunmente coñecido como chamada telefónica. Trátase dunha nova forma revolucionaria de contactar cunha persoa no mesmo momento no que se efectúa a chamada. Adeus ás mensaxes ignoradas! Adeus ás notas de voz interminables! Adeus á longa agarda das respostas! Con este novo sistema, estar esperando a que alguén conteste xa é un atraso. Anímense a compralo! Co primeiro pedido terán un 50% de desconto no noso anterior invento “book“, xa un éxito no mundo enteiro.

Que pensariamos se vemos un anuncio como este? Nun primeiro momento parecería un simple chiste. Pero, no fondo, acabaría sendo un éxito. É un feito que as novas xeracións xa non chamamos. Pareza curioso ou non, o feito de non chamar nunca a ninguén por preferir utilizar outros sistemas de mensaxería, é un tema moi recorrente nas conversas con meu pai. Para el, non hai nada máis cómodo que poder falar cunha persoa no momento necesario con só marcar un número no teléfono, sexa fixo ou móbil. Porén, non é de estrañar que para todos os que nacimos na era tecnolóxica, isto nos quede un pouco obsoleto. Pensamos que o whatsapp, os insta-directs, e demais formas de mensaxería aparentemente rápidas, son o xeito máis eficaz de contactar coa persoa desexada. No entanto, ninguén pode negar que non estivo máis dunha vez agardando por unha resposta que nunca máis chegou, ou que, se o fixo, foi xa demasiado tarde. Nestes casos, o suxeito demasiado ocupado para responder a dita información habitualmente urxente, acostuma responder cun: síntoo, é que son un desastre por whatsapp. Malia todo isto, seguimos mandando mensaxes coa esperanza de que se lean no momento, só pola preguiza de ter que marcar un número e chamar.

Parecerá moi hipócrita que fale disto, eu son a primeira á que lle dá reparo chamar a certa xente coa que non se ten demasiada confianza, preferindo entón enviar un whatsapp dun xeito moito máis impersoal. Porén, sempre acabo claudicando ante a argumentación de meu pai cando define este comportamento como “pouco práctico” ou, directamente, “perda de tempo” ao ver conversas con só notas de voz ou escoitar as miñas queixas cando non me chega unha resposta importante a tempo. E non lle faltará razón! As notas de voz son un simple sucedáneo dunha chamada telefónica, pero preferímolas porque son o “novo”, o “moderno”. E se se inventase agora a chamada telefónica? Sería unha revolución! Entón deixariamos todos os problemas dos sistemas de mensaxería para empezar a utilizar esa maxia negra de contactar con alguén no momento que se quere.

É certo que os diferentes formatos de mensaxería son moi útiles para grupos de moitas persoas, para compartir contido multimedia, ou para certos momentos puntuais nos que non se precisa ter unha conversa urxente e simplemente se quere un mero pasatempo. Con todo, as redes sociais non deberían substituír por completo a chamada telefónica, seria un completo atraso, pois ambas deben convivir e prestar a súa utilidade nos momentos precisos. Non creo que ninguén imaxine un mundo no que os libros foran substituídos polos e-books, os cines por Netflix e os concertos por Spotify. E xa de paso a nós mesmos por robots!

As cousas para o que son, sexamos prácticos. Decatémonos do que temos agora antes de que sexa demasiado tarde e teñamos présa por ir á única tenda na que vendan ese sistema interactivo de voz a tempo real que nun principio non soubemos apreciar.

Anuncios

Un comentario sobre “Reinventando o futuro

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s