Independizarse

comedores
Os comedores de patacas, Vincent Van Gogh

Independizarse nunca foi tan divertido. A priori, marchar de casa pode costar, o feito de vivir soas, con toda a responsabilidade que iso conleva, pode dar moito medo. Porén, eu penso que é unha marabilla.

Atópome escribindo isto nun papel perdido polo meu cuarto porque o meu ordenador quedou no piso. Que típico! Xa non sei nin onde teño a cabeza. Curiosamente todo o que necesito sempre está onde non estou eu. Pero este “problema” non deixa de ser unha vantaxe, así podo empezar de cero os textos para escribilos doutro xeito ou coñecer mellor aos meus compañeiros de clase ao pedirlles os apuntes esquecidos. Ademais das cousas de traballo, teño que reinventarme cada fin de semana vestindo prendas que daba por perdidas, pois toda a miña roupa está noutro armario a varios kilómetros da miña situación actual. Oxalá tivera o armario evanescente de Harry Potter, resolvería moitos problemas…

Máis alá dos olvidos puntuais, a gran marabilla da independencia é a cociña. Nunca crin que fose botar tanto de menos unha vitrocerámica! Grazas a cociñar, e a súa consecuente limpeza, puiden decatarme de que vallo máis como médica que como ama de casa. Algún que outro corte demostra tal afirmación. Na cociña hai que cambiar e mellorar cada día: para as comidas o tupper laranxa e para as ceas o verde, non vaia ser que teña que facer unha ensalada, que a pasta xa a teño moi aburrida. E a xenialidade da compra? O ximnasio quedou ben amortizado coa subida das seis botellas de auga da semana a un cuarto piso sen ascensor. Aínda por riba de permitirme facer deporte no propio piso, aforro! Ademais, todas as carencias matemáticas de facer o bacharelato humanístico xa se están cubrindo rapidamente ao calcular en que supermercado teñen o atún máis barato. E quen di atún, di todo o que gardo no meu estante da neveira, si, esas catro cousas que teño para sobrevivir.

Outro punto importante a tratar no tema da independencia é esa marabillosa etapa previa á instalación do wifi. Non apreciamos os datos que temos até que os perdemos. Nestas semanas de seca virtual, cada whatsapp conta. Pero é esa desconexión case total a que nos permite estar en sintonía coas persoas coas que compartimos piso, as chamadas “compañeiras” que só vemos, en moitos casos, á hora de cear. Eu teño a sorte de compartir cada comida coas cohabitantes do meu entorno, aínda estamos agardando polo técnico/a do wifi.

Sinceramente, non sei de que nos podemos queixar as estudantes emancipadas. Non precisamos máis nada. Máis ben teriamos que agradecer toda a aprendizaxe que nos dá a independencia. E a liberdade para as festas, por iso si que non protestamos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s