Os meus mares

soroya
Idilio no mar, Joaquín Sorolla

Trátase de desfrutar. Pechar os ollos e desfrutar. Trátase de sentir o que non perciben os sentidos, como cando se durme tan profundamente que ao espertar semella que pasaran só un par de segundos. Trátase, si, de sentir, pero de sentir como senten as gaivotas o vento cando planean directas cara o mar. Trátase de diferenciar cada gran de area baixo os pés, cada gota de salitre no pelo.

Sempre o mar, o mar sabe de sentir, coñecedor de cada sensación dos seus navegantes de auga e terra. Sempre o mar, sempre entre mares me movo. E hai distintos mares, a túa lingua, por exemplo, recorrendo as miñas costas nun vaivén de ondas camufladas entre os beizos. O meu mar particular que tanto se asemella á auga que agora molla os meus pés entre escuma e areas, suavemente, como o mar do sol que me somerxe nos seus raios de ouro, invadindo a miña pel e a miña mente. Ou o mar de estrelas que cubrirá as nosas cabezas, xusto despois da hora dourada, penduradas no infinito, como cabezas flotantes nun océano negro sobre outro océano negro. A noite boca arriba, Cortázar debuxando a túa boca, e eu mirándote cos ollos pechados.

Por iso se trata de sentir, de sentir para desfrutar o rumor da auga cos ollos pechados, os teus beizos sobre a miña pel, o sol, a escuma e a area, de sentir o mar, pois todo acaba sendo mar, ti, eu, somos mar. Sentados na beira, vendo como as ondas rompen nos nosos pés, semella que a auga quere vir por nós. Pois é que o mar fala, e di todo o que eu quero dicir, isto que agora che susurro á orella.

Anuncios

Un comentario sobre “Os meus mares

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s